A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentou a canción oficial do 800 aniversario de Betanzos no Palco da Música.

285

A alcaldesa de Betanzos, María Barral xunto a o concelleiro de festas Diego Fernández presentou a canción oficial do 800 aniversario de Betanzos no Palco da Música.

Para ver o video da rolda de prensa presentación de actos do 800 aniversario prema aquí

Para ver o video presentación da canción adicada ao 800 aniversario prema aquí

Ademáis, anunciou algúns dos eventos que terán lugar na nosa cidade, como o concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia o 22 de agosto. Con música vencellada a Betanzos, e que contará coa actuación da Escola Municipal de Folclore, que bailará a danza de xastres.

O día 23 de agosto, Milladoiro ofrecerá un concerto, tamén con motivo do noso aniversario. Música tradicional galega e un referente internacional da nosa música.

O día 24 de agosto, Luz Casal actuará na praza Irmáns García Naveira. Previamente, o fará Carlos Bau, autor da canción adicada a Betanzos polo seu 800 aniversario

 

Para descargar a canción de Carlo Bau adicada a o 800 aniversario prema aquí