A alcaldesa fixo entrega dos diplomas aos participantes nas rutas do Camiño Inglés. Galería de imaxes.

201
A alcaldesa María Barral e o concelleiro de cultura e deportes Andrés Hermida xunto aos participantes no Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia

A alcaldesa de Betanzos fixo a entrega dos diplomas e credenciais a todos os betanceiros e betanceiras participantes nas rutas do Camiño Inglés.

O Concello de Betanzos, a través desta iniciativa, quere promover os hábitos saudables a través do deporte, como neste caso o é o percorrer distintos lugares do Camiño Inglés, como os sociais, co fomento de valores como a colaboración e a solidariedade.