Comezan os paseos polo río Mandeo ata Os Caneiros na Diana Cazadora.

511
Betanzos apuesta polas rutas fluviales polo río Mandeo na Diana Cazadora

O goberno local anunciou a ampliación de horario da oficina de Turismo que permanecerá aberta de maneira ininterrompida de 10:00 h a 20:00 h de luns a venres. Esta ampliación de horarios de atención ao público tamén se fará efectiva os sábados, domingos e festivos desde as 11:00 h a 14:00 h.

Esta ampliación de horario é posible durante estes meses de verán tras a incorporación de dúas traballadoras á oficina. Durante este período só funcionará en horario de mañá os días 14, 15, 16, 18 e 25 de agosto, ademais das fins de semana.

Outra das novidades reside no programa de paseos polo río Mandeo ata Os Caneiros na Diana Cazadora. Esta actividade desenvolverase todos os martes e xoves durante os meses de xuño, xullo e agosto excepto o 5 de xullo, pola Feira Medieval, e do 14 ao 25 de agosto coincidindo coas festas patronais.

A embarcación partirá todos os martes e xoves. En xuño, en horario de tarde, ás 17:30 horas desde o Paseo da Tolerancia. Durante os meses de xullo, agosto e setembro, en horario de mañá, partindo desde o embarcadoiro ás 11:00 horas. Ao longo do percorrido, dunha hora e media, os participantes coñecerán aspectos da fauna e flora, a historia da cidade vinculada ao río; o cultivo do viño e distintos aspectos da Reserva da Biosfera, ata o campo dos Caneiros. A embarcación dará a volta cara a Betanzos, sen parar no campo, xa que non está incluída a visita a este.

As persoas que estean interesadas en participar deberán inscribirse previamente, realizando unha reserva de praza no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 776 666. O prezo da viaxe é de 5 euros para persoas adultas e 1 euro para nenos e nenas de catro a doce anos e o pagamento deberá realizarse en efectivo. A capacidade máxima da viaxe será de 55 persoas. Para realizar a viaxe precísase un número mínimo de 10 persoas.

Por último, durante o próximos tres meses desenvolveranse tamén varias visitas guiadas ao centro histórico ante a demanda que ten esta actividade. Celebraranse os días 13, 20 e 27 de xullo; 3, 10 e 31 de agosto e 8 de setembro. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de turismo ou ben recibir máis información no 981 776 666.