A exposición bibliográfica “Os vosos libros favoritos protagonizados por mulleres”, froito das vosas achegas, poderá visitarse durante todo o mes de xuño

1073

Os títulos expostos xorden das achegas que, durante todo o mes de marzo e con motivo do Día Internacional da Muller, 27 persoas fixeron tanto en redes sociais como presencialmente. En total recomendástesnos 42 libros protagonizados por mulleres que significaron algo nas vosas vidas.

Entre os títulos recompilados atopamos algúns clásicos como Foise co vento e outros máis actuais como a triloxía Millenium, da que o título Os homes que non amaban ás mulleres foi unha verdadeira revolución de vendas.

O obxectivo desta iniciativa é visibilizar eses personaxes mulleres que son protagonistas de grandes historias e mover á reflexión sobre o papel da muller na literatura.

A exposición bibliográfica “Os vosos libros favoritos protagonizados por mulleres” poderase visitar do 1 ao 30 de xuño na Biblioteca Municipal Castelao de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h de luns a venres e de 10:30 h a 13:00 h os sábados.

EXPO BIBLIOGRÁFICA

OS VOSOS LIBROS FAVORITOS PROTAGONIZADOS POR MULLERES”

Xuño 2018

Esta exposición bibliográfica xorde das vosas propostas a través de redes socias e presenciais durante o mes de marzo co motivo do Día da Muller.

Isabel e Mercedes G. recomendan A Casa dos espíritos de Isabel Allende

Precisan dun home para sentirse seguras e non se decatan de que o único que hai que temer é aos mesmos homes.”

Novela histórico-social que dea importancia ao rol da muller. Relata a historia da numerosa, turbulenta, decadente e terratenente familia chilena Trueba, durante o século pasado (ata a caída de Allende)

Delia R. recomenda Nada de Carmen Laforet

Se cadra o sentido da vida para unha muller consiste soamente en ser descuberta así, mirada de maneira que ela mesma se sinta irradiante de luz.”

Andrea parte a Barcelona coa esperanza de atopar as bases para unha nova vida e librarse das ataduras que lle foron impostas durante a súa estadía na vila. Esta esperanza disípase ao contemplar o panorama que asola a casa na que vai residir.

Ana M. recomenda O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro

Hai un século había semanas nas que Vilagarcía semellaba San Sebastián, con 15 000 mariños ingleses e alemáns deambularon polas súas rúas”

Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo.

Ana G. recomenda Orgullo e prexuízo de Jane Austen

“O verdadeiro filósofo sabe sacar partido do que ten”

A vida dos Bennet transcorre do xeito usual para calquera familia da campiña inglesa a finais do século XVIII. A fortuna da familia está ameazada por non ter fillos varóns pero cando chega á comunidade o mozo Charles Bingley a situación cambia.

Ana G. recomenda O tempo estre costuras de María Dueñas

Falaba con complicidade, con proximidade, como se me coñecese: como se a súa alma e a miña levaran agardándose dende o principio dos tempos.”
A moza modista Sira Quiroga abandona Madrid nos meses convulsos previos ao alzamento arrastrada polo amor desbocado cara un home a quen apenas coñece. Xuntos instálanse en Tánxer onde todo pode pasar…

Persoa anónima recomenda a Triloxía Millenium de Stieg Larsson

“A dor é o sistema de alarma que lle advirte ao corpo de que algo vai mal”

Una das triloxías máis importantes dos últimos anos. As novelas están protagonizadas por Mikael Blomkvist e Lisbeth Salander, un periodista de investigación e unha hacker cun pasado turbio e complicado, cheo de violencia.

Elena recomenda Jane Eyre de Charlotte Bronte

O tempo ten a virtude de disipar os afáns de vinganza e extinguir os impulsos de aversión.”

Jane Eyre é unha nena orfa educada nun orfanato miserable, sen embargo a súa intelixencia e o seu afán por aprender conseguen apartala do mundo da súa infancia.

Anaís recomenda Cumbres borrascosas de Emily Brontë

“A memoria trasládame, aínda en contra da miña vontade, aos tempos de antano e afundíame nunha opresiva tristeza.”

Comeza coa chegada do neno Heathcliff o fogar dos Earnshaw, que é traído polo pai da familia dende Liverpool. Ignoramos de onde saíu o neno que axiña trastornará por completo a tranquila vida da súa familia adoptiva así como a dos seus veciños, os Linton.

É unha historia de amor e de vinganza, de odio e loucura, de vida e de morte. Catherine Earnshaw e Heathcliff constrúen unha relación de dependencia mutua ao longo da súa vida, dende a infancia ata mais aló da morte.

Roking recomenda Foise co vento de Margaret Mitchell protagonizado por Scarlett O’Hara

Sempre que estreo un sombreiro bórranseme da cabeza toda clase de contas e de números”

Scarlett O’Hara vive en Tara, unha gran plantación do estado sureño de Xeorxia, está namorada de Ashley Wilkes, que en breve contraerá matrimonio con Melanie Hamilton. Estamos no1861, nos prolegómenos da guerra de Secesión

Patinhas recomenda Pirata de María Reimóndez

As tres fuximos, as tres buscamos outro xeito de estar no mundo”

No século XVIII Mary Read, baixo a identidade enmascarada de home e pirata, burla os convencionalismos de xénero e acada por atopar a súa propia identidade, nunha viaxe que non sempre ten todas as respostas é precisa doutras achegas coma a coraxe de Anne Bonney ou a sabedoría de Madame Ëbano. Una viaxe exterior e interior pola identidade.

Carol recomenda Resistencia  de Rosa Aneiros

A memoria é a nosa resistencia contra as vexacións que sufrimos”

Unha  homenaxe para todas as persoas que deron e seguen dando a vida pola liberdade e dun xeito especial para os presos políticos cuxo único delito foi ser fieis ás súas ideas. Nunha narración que mestura a realidade e a ficción relata da man dunha saga familiar a historia política, social e sentimental do Portugal da ditadura e a Revolución dos Caraveis, cunha prosa natural e evocadora que nos achega ao país veciño.

María e Pepa recomendan O Club da Calceta  María Reimóndez

A Rebeca dicía que a amizade con outras mulleres case nunca existe… iso era só o que a sociedades quería facernos crer”

Seis historias de seis mulleres, diferentes pero con un problema común: todas son branco do machismo. Unidas por unha actividade tradicionalmente feminina como é a calceta irán  desfacendo os fíos dunha sociedade machista e tecendo, ao tempo que xerseis e chaquetas, uns lazos de unión nos que atopan a forza para sobrepoñerse ao seu presente e reverter a súa situación, inspiradas na figura liberadora da tía Davinia.

Eli Ríos recomenda  A dúbida de María Reimóndez

“…facer que reflexionemos sobre a sociedade que estamos a construír e sobre as cousas das que non queremos falar”

Unha historia sobre abusos sexuais  a menores, a corrupción política,  e os mecanismos da xustiza,  desde a  denuncia social e a intriga. Sobre todo o conflito psicolóxico da personaxe que simboliza “a dúbida”, que converte a súa ferida nun aprendizaxe e que loita desde a súa intimidade exposta por desenmascarar o acontecido.

Eli Ríos recomenda Saturno tamén é Deus de Uxía Casal

Xamais moveu o meu ánimo o desexo de destacar por nada en especial; o único que en realidade sempre arelei foi vivir a miña existencia apracíbel e tranquila”

Un espazo de introspección psicolóxica, un libro de relatos sobre todos os nosos medos: á norte, a caída na tolemia,  ao abandono, á perda dos seres prezados, á incomprensión, á enfermidade…. Esa parte da vida que nos desconcerta, que non podemos controlar, e o que atopamos día a día, as casualidades, accidentes  e a reflexión sobre as cousas que nos preocupan.

Eli Ríos recomenda Bibliópatas e Fobólogos de Emma Pedreira

Fálame, para facer que exista”

Un libro de relatos  e microrrelatos sobre a paixón literaria, libros que falan de libros e dos sentimentos que estes nos evocan,  libros que  nos poden enfermar ou sandar, ou sacar o mellor de nós.

Eli Ríos recomenda Invisibles de Montse Fajardo

Non se pode mirar cara ao outro lado”

Relatos reais de sete mulleres valentes que racharon o velo do silencio e que entenderon que a violencia sufrida era algo que ía máis alá da intimidade persoal e doméstica: un delito que debe ser denunciado e castigado, e que non pode quedar silenciado. Ponse un foco especial nos fillos  que tiveron que emprender unha “viaxe ao terror” ó ter que convivir ou pasar tempo cos pais maltratadores. 

Eli Ríos recomenda A brétema de María Victoria Moreno

A brétema en troques, camiña preto da terra e pousa nas ás dos paxariños ou  nos cabelos dos nenos”

Una avoa entrañable, a señora Minia que devece polo agarimo dos demais na súa vida cotiá. Unha historia que fala dos soños, e das posibilidades que, como seres humanos temos de conseguilos.

Carmela recomenda Herba Moura de Teresa Moure Periro

Mulleres que non é que sexan de armas tomar, senón que son elas mesmas as armas”.

Unha novela sobre a vida de varias mulleres desde Cristina de Suecia á Galicia contemporánea. Mulleres que son distintas pero que no fondo son unha mesma, a muller que todas levamos dentro.

Tamén recomendaron…

Susana M. recomenda Mafalda de Quino

Charo C. recomenda Non sen a miña filla de Betty Mahmoody

Natalia P. recomenda O desencontro de Fernando Schwartz

Belén G. recomenda 28 días de David Safier

Belén G. recomenda A flor de pel de Javier Moro

Montse recomenda Sentido e sensibilidade de Jane Austen

Juan Carlos recomenda Eu son Malala de Malala Yousafzai

Iria recomenda Mansfield Park de Jane Austen con Fanny Price como protagonista

Hector recomenda Bos días, Tristeza de Françoise Sagan protagonizada por Cécile

Silvia recomenda Desde o conflito, de María Reimóndez protagonizada por Saínza

María Reimóndez recomenda Sangue doce de Cris Pavón, Despois da medianoite, da autora támil Salma, Marta e a píntega de Eli Rios e Corazón e demais tripas de Emma Pedreira

Marta recomenda Tomates verdes fritos de Fannie Flagg

Íria recomenda O misterio de Portomarín de Antía Yáñez

María recomenda A segunda lingua de Yolanda Castaño

María e Pepa recomendan Luns, de Eli Ríos

Pepa recomenda Poesía mínima, de Helena Villar Janeiro

Joe recomenda Señora de vermello sobre fondo gris de Miguel Delibes

Elena recomenda Carmen a rebelde de Pilar Eyre