Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán municipais “Betanzos de cerca”

825

Co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias betanceiras nas vacacións escolares, os campamentos de verán do Concello están destinados a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Baixo o lema “Betanzos de cerca” os/as pequenos/as realizarán excursións á praia, ao Aquapark de Cerceda, andarán polo Camiño de Santiago e mesmo darán un paseo en barco polo río Mandeo. A oferta complétase con actividades de cociña, xogos, xincanas, arte, sendeirismo e natureza. Tanto a igualdade como a normalización lingüística estarán presentes de maneira transversal e en actividades específicas.

O prazo de preinscrición dos campamentos urbanos municipais ábrese o luns 28 de maio. A preinscrición poderá facerse para a primeria quenda e para as dúas seguintes, aínda que se abrirán dous períodos máis de preinscrición para as outras dúas quendas.

Descargar información e modelo de solicitude

  • O primeiro campamento desenvolverase do 25 de xuño ao 13 de xullo e o prazo de preinscrición vai desde o 28 de maio ata o 8 de xuño.
  • O segundo campamento vai desde o 16 ata o 27 de xullo e a preinscrición desde o 18 ata o 29 de xuño.
  • O último campamento realizarase do 30 de xullo ao 10 de agosto coa preinscrición desde o 2 ao 13 de xullo.

Cada un dos tres campamentos ten un custo de 50 euros. Todas as inscricións realizaranse nas oficinas municipais do Servizos Sociais (Praza do Emigrante s/n).

Os campamentos terán lugar no CEIP Francisco Vales Villamarín.

Ofertáranse 50 prazas por quenda. Se as solicitudes superan o número de prazas haberá sorteo público. Os/as empadroados/as terán preferencia e reserváranse 5 prazas para casos de risco de exclusión social. VER BASES