A organización Ledicia Cativa xestiona a acollida en Galicia de nenas e nenos da zona de Chernóbyl.

936

O pasado martes, 6 de agosto, o concelleiro de Turismo, Pablo Beade, o concelleiro de Eficiencia Enerxética, José Luis Lagares e o concelleiro de Mocidade, Andrés Pandelo, recibiron no edificio Arquivo a unha nena desta localidade e aos seus pais de acollida, naturais de Betanzos.

Para o día 13 de agosto, está previsto que tres destas nenas e nenos, coas súas familias de acollida, visiten Betanzos e realicen o paseo na Diana Cazadora.

A ONG Ledicia Cativa leva 23 anos traballando neste proxecto. Para máis información  sobre el@s: https://bit.ly/31qBv33

O concelleiro de Turismo, Pablo Beade, o concelleiro de Eficiencia Enerxética, José Luis Lagares e o concelleiro de Mocidade, Andrés Pandelo coa nena de Chernobil e os seus pais de acollida no adro de San Domingos