A Real Federación Galega de Fútbol, de ámbito Autonómico, coa autorización da RFEF, en colaboración co Concello de Betanzos e o Betanzos CF, organizará un Curso Federativo de “Monitor/a de fútbol base”, en Betanzos durante o o próximo mes de xullo.

1322
A actividade foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Andrés Hermida, Juan Luís Villamisar Méndez, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol; o director da Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera, e o presidente do Betanzos CF, Antonio Fernández Lendoiro.

Desenvolverase entre o 3 de xullo e o 2 de agosto cun mínimo de 15 alumnos/as. O horario será de 10:00 h ha 13:00 h.

As persoas interesadas poderán inscribirse na páxina web da Federación Galega.

O obxectivo é completar a formación de monitor/a de Fútbol Base, mediante os ensinos conducentes á obtención do diploma federativo. Este curso ten por finalidade proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Real Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Real Federación Galega de Fútbol.

O alumnado que finalice o curso, posuirá coñecementos xerais actualizados no referente ao adestramento do fútbol de base. Este diploma acredita para adestrar equipos federados ata a categoría que indique o regulamento xeral da Real Federación Galega de Fútbol.

O curso conduce á obtención do diploma federativo de “Monitor/a de Fútbol Base”, Especialidade: “Fútbol”, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a validación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o Curso “Federativo” Adestrador Básico de Fútbol.