A unidade móbil de Doa Sangue estará na praza Irmáns García Naveira os días 5 e 6 de setembro

94

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.

Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Doa sangue. VER

A doazón de sangue paso a paso VER

Que facemos despois con sangue doado? VER

Máis información

Teléfono: 900 100 828 e 881546900

http://ados.sergas.es

Twitter: @doadoressangue

Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue

Canal Youtube https://www.youtube.com/channel/UCL2vp0q1nmFBV9zsQacs4oQ