A Xunta atende a petición do Concello e inicia o expediente para declarar BIC o parque do Pasatempo

1353
O investimento para o Pasatempo alcanza os 1,5 millóns de euros

A Consellería de Cultura confirmou ao Concello que a súa solicitude de declaración de BIC do parque do Pasatempo foi admitida. Despois de realizar os labores previos de compilación informativa, así como de estudo da documentación presentada por parte do Concello e de emitir o correspondente informe técnico favorable por parte do Servizo de Plan e Inventario o pasado día 25 de xaneiro, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, acordou a incoación do procedemento de declaración de Ben de Interese Cultural do Parque do Pasatempo, pendente agora da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOE.

A solicitude de declaración BIC foi presentada polo alcalde, Ramón García Vázquez, en nome da corporación municipal o 17 de marzo de 2017. Despois de que non houbese contestación por parte da Xunta, o primeiro edil presentou recurso de alzada contra a desestimación por silencio da devandita solicitude para que se incoase o procedemento de declaración do parque o 17 de outubro de 2017.

Dado que esa situación mantívose durante uns meses máis, o 19 de febreiro deste ano o alcalde volveu presentar un terceiro escrito no que solicitaba “o correspondente certificado administrativo do silencio respecto da solicitude presentada” dado que xa pasara o prazo máximo legalmente establecido para que a Xunta contestase a solicitud de declaración BIC presentada polo Concello.

E decir, pasados os prazos legais, este terceiro escrito da alcaldía, a instancias dunha moción plenaria, recibido pola Xunta o día 19 de febreiro, conlevaba o inicio automático por Lei do procedemento, obrigando á Xunta a certificar devandito extremo e actuar en consecuencia. Nese sentido, unha semana despois, o 26 de febreiro, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural Cultura incoou expresamente o procedemento de declaración de BIC pendente agora de publicar no DOGA E BOE.

O inicio do expediente fai que o Pasatempo teña a consideración de Ben de Interese Cultural desde este momento.

Esta declaración, ademais do grao de Protección que establece, era unha das condicións establecidas pola Xunta, como así llo trasladou o presidente, Núñez Feijoo ao alcalde nunha reunión mantida por ambos en Santiago, para que o executivo galego achegase unha cantidade económica para a rehabilitación da parte histórica do parque que se sumase á que destinará a Deputación e o propio Concello.