Aberto o prazo de inscrición na Campaña de Esquí da Deputación

250

Betanzos, 16 xaneiro 2018.- A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Inverno -Esquí 2018, que se desenvolverá en varias quendas na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda en Ourense. Ao Concello de Betanzos correspóndelle a terceira quenda, do 23 ao 26 de febreiro, e na actividade poderán participar os nenos e nenas que naceron nos anos 2003, 2004, 2005, 2006 e 2007 e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o venres 26 de xaneiro. As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello, praza da Constitución s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos, tendo preferencia aqueles que non participasen en anteriores Campañas de Esquí da Deputación.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases e material de esquí, forfait para os remontes, seguros e actividades varias.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, Casa do Concello, segundo andar, Praza da Constitución s/n. Tlf 981 770 011, extensión 2105.