Aberto o prazo para asistir o próximo día 10 en Lugo a Ofrenda ao Santísimo, que Betanzos protagonizará, en representación das cidades do antigo Reino de Galicia

1147
Alcaldes na ofrenda de 2011

Betanzos protagonizará Betanzos protagonizará o próximo día 10 de xuño unha das celebracións historicamente máis importantes que subsiste na nosa comunidade: a ofrenda do antigo Reino de Galicia ao Santísimo sacramento.

Como é costume cando Betanzos realiza a Ofrenda en representación das sete cidades do antigo Reino de Galicia, o Concello porá a disposición de quen queira participar nos actos en Lugo un autobús que sairá da praza dos irmáns García Naveira ás 09:00 h do día 10 para regresar ás 18:00 h de Lugo.

Os interesados poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, desde hoxe ata o 6 de xuño.

O acto central da ofrenda terá lugar na Catedral de Lugo ás doce do mediodía, nesta ocasión co alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez como oferente na zona do cruceiro da catedral, co retablo de Cornielles de Holanda (século XVI), o coro de Francisco de Moure (século XVII) ou a propia custodia regalada en 1772 polo Arcebispo de Zaragoza Juan Sáenz de Buruaga como testemuñas de excepción da simbólica ofrenda.