Aberto prazo para solicitar cita previa para renovar o DNI

2946
Renovación do DNI nas oficinas do Liceo
A Policía Nacional desprazaráse a Betanzos para tramitar os DNI os días 4, 5, 6, 9, e 10 de abril do próximo ano, cunha cota de 55 solicitudes ao día. As persoas que estean interesadas en renovar o DNI poden pedir cita previa dende hoxe, día 8 de xaneiro, nas oficinas do edificio Liceo ou chamando ao 981 770011 a efectos de realizar a inscrición.
Paralelamente, a Dirección Xeral da Policía Nacional confirmou ao Concello que estudiará a súa petición para que este corpo de seguridade conte cunha oficina administrativa de carácter comarcal en Betanzos e evitar desprazamentos á capital herculina para tramitar, por exemplo, renovacións de DNI ou Pasaporte.
 A posta en marcha dunha oficina da Policía Nacional viría, ademáis,  completar os servizos de carácter administrativo que como cabeceira de comarca e de partido xudicial ten Betanzos (Facenda, Deputación, Xulgados, Centro de Saúde, colexios….). Como cabeceira comarcal aglutina a máis de 40.000 habitantes repartidos en 10 concellos mentres que como cabeceira de partido xudicial chégase a unha poboación de algo máis do dobre, máis de 80.000 habitantes, repartidos en 16 municipios.
O Concello lembra que existen outras poboacións galegas como Ribeira, Marín, Redondela, Monforte, Viveiro ou Carballo nas que se existen oficinas de Policía Nacional con unidades de Estranxeiría e Documentación ou Comisaría Local, o que reforza a petición de Betanzos para poder contar con este novo servizo. Na actualidade, os trámites realízanse a través dunha unidade móbil da Policía Nacional que cada certo tempo desprázase a Betanzos, atendendo a máis de 300 persoas cada vez, quedando veciños en lista de espera.