As aventuras de Gale en Betanzos

237
Cartel do espectáculo infantil As aventuras de Gale

O pasado xoves 17 de maio os máis pequenos e pequenas puideron desfrutar do espectáculo infantil As aventuras de Gale na Aula Municipal de Cultura ás 18:00 h. Este espectáculo está recomendado para nenos e nenas de seis anos en diante.

Gale chegou a Betanzos para festexar o Día das Letras Galegas cun espectáculo no que conduciu ás nenas e nenos a través da súa historia para que lle axudaran a repartir ese gran tesouro que protexe con tanto con mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e de descubrir o mundo.

Esta é unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudaron a comprender as circunstancias que rodean a Gale no día de hoxe, pero tamén a gran riqueza que supón contar con música, poemas, libros e canta cultura se creou e creará en galego. Nalgúns momentos Gale estivo moi enfermiña, case apagada, como pode ser nos Séculos Escuros, mentres que noutras etapas reluciu de esplendor. Actualmente non está no seu mellor momento e por iso mesmo precisa a axuda dos máis pequenos e pequenas.

As aventuras de Gale, da Xanela do Maxín, é un espectácul dirixido por Celtia Figueiras que conta coa guitarra e o violín de Carlos G. Fandiño, o acordeón, frauta e voz de Sonsoles Penadique e os textos de Pepe Carreiro, Celtia Figueiras e Séche Sendu co que o Concello de Betanzos celebrou o 17 de maio, o Día das Letras Galegas.