As rúas do centro histórico amosan máis de 60 obras na edición especial de Balconadas con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade

778
A alcaldesa, María Barral, xunto a os concelleiros Andrés Hermida e Mónica Carneiro na rúa do Castro.

O Concello rematou a colocación das obras, cuxa inauguración será o próximo día 24. Establécese un primeiro premio dotado con 5000 euros e dous accésits dotados cada un deles con 1500 euros.

Para máis información prema aquí

O Concello colgou máis de sesenta obras do certame especial de balconadas convocado con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao centro histórico. A alcaldesa, María Barral, percorreu has primeiras rúas nas que se colocaron as obras dunha edición que transformará as rúas do centro histórico nun auténtico museo ao aire libre entre o 24 de xullo ao 28 de agosto. A alcaldesa explicou que a diferenza dos certames tradicionais de Balconadas, neste caso a temática foi restrinxida a Betanzos e a súa historia. Cada artista puido presentar unha soa obra, con técnica libre, vertical ou horizontal, cunhas medidas mínimas de 120×160 cm e máximas de 150×200 cm.

Teñen un soporte flexible (lenzo, tea de saco, loneta, plástico, etc.) sen partes ríxidas que poidan cuartearse ou desprenderse coa acción do vento e utilizando produtos inalterables á acción da auga.

Para esta edición especial estableceuse un primeiro premio dotado con 5000 euros e dous accésits dotados cada un deles con 1500 euros.

O xurado poderá outorgar tres mencións de honra se o estimar oportuno, que non levarán asociado ningún premio económico, mais si un diploma acreditativo. O xurado valorará a adecuación da obra á súa contorna expositiva pola súa técnica, temática e orixinalidade. Estará composto por distintas personalidades do mundo da arte. A súa composición farase pública con anterioridade á súa reunión, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.betanzos.net).

Coas obras premiadas e seleccionadas realizarase un catálogo. A entrega de premios será o 13 de agosto.