Aviso importante para os/as solicitantes dos campamentos de verán “betanzos de cerca” 3ª quenda

163

A listaxe de admitidos/as e a lista de espera atópase exposto ao público no taboleiro de anuncios de Servizos Sociais e do edificio do Liceo. Para confirmar a praza é preciso aboar antes do inicio da actividade, e preferentemente antes do venres 27 de xullo, a cota de 50 € na conta do Banco Sabadell:

IBAN ES 23 0081 2215 6900 0114 5819

Indicarase nome e apelidos do neno/a e como concepto “Campamento de verán 3º quenda”. O xustificante do ingreso debe entregarse en Servizos Sociais, (Praza do emigrante s/n), antes do inicio da actividade.

Se vai renunciar á praza rogamos avisen no número 981 77 07 07 para que poida aproveitala alguén da lista de espera.

A reunión con pais e nais segue fixada para o xoves 26 de xullo ás 20:30 no salón azul do Liceo.