Betanzos acolle a Escola de empoderamento de mulleres do rural

105

A iniciativa consta de dous obradoiros complementarios; “Con voz propia” e “Conectadas”. O primeiro céntrase en traballar a autoestima, o liderado e a participación e a prevención das violencias machistas e o segundo nas novas tecnoloxías.

A escola de empoderamento de mulleres do rural incluída no programa Espadela constará de cinco sesións os luns para partir do 8 de outubro e ata o 5 de novembro, que se desenvolverán na oficina do sindicato Labrego de Betanzos e na aula Cemit.

A actividade é de balde e, de ser preciso, inclúe o transporte para poder facilitar a participación das mulleres na actividade.

Organizan Arabías e o sindicato labrego galego e colaboran a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.

As mulleres interesadas poden inscribirse en:

Servizos Sociais

981770707 ext-2306

Praza do Emigrante s/n. (Edificio Escola García Irmáns)

15300. Betanzos. A Coruña.

Ou:

[email protected]

667 384 221/619 457 324

Para máis información http://escolaespadela.blogspot.com/p/inicio.html