Betanzos acolle o encontro anual de corpos de seguridade de toda España

830
Os participantes, xunto á alcaldesa, María Barral, e o concelleiro, Andrés Hermida, pousaron en escalárelas do atrio de Santo Domingo.

Máis de 260 representantes dos corpos de seguridade de toda España (policías locais, gardas civís e policías nacionais) e algúns de Portugal, participaron o pasado venres 21, no seu encontro anual que, este ano, con motivo do 800 aniversario do traslado da cidade desde Tiobre ao centro histórico celébrase este ano en Betanzos.

Ademais de visitar outras localidades de Galicia, en Betanzos os participantes foron recibidos pola alcaldesa, María Barral, antes de percorrer as rúas do centro histórico cunha visita guiada organizada polo propio Concello.