Betanzos celebrou o día 31 a súa segunda “San Silvestre” coa participación de máis de 650 persoas. Galería de imaxes.

1340

Betanzos celebrou o pasado día 31 a súa segunda “San Silvestre” coa participación de máis de 650 persoas desde o catro até os 80 anos. E fíxoo nunha carreira de cinco quilómetros, aínda que tamén puideron participar en competicións menores de dous quilómetros de lonxitude; 500 metros ou 80 metros. Para os que non quixeron correr e só camiñar, tamén puideron facelo nunha “andaina” de catro quilómetros. A proba estivo organizada polo Concello e o club “As vellas non paramos”. Houbo premios para a categoría absoluta para o tres primeiros (masculino e feminino).

O concelleiro responsable da área, Andrés Hermida, agradeceu o traballo “incansable da asociación A Vellas non paramos” que coorganiza a San Silvestre xunto ao Concello.

O edil de deportes tamén agradeceu a colaboración de Policía Local e Protección Civil xa que para a realización da proba foi necesario un importante dispositivo de tráfico que afectou á maior parte da zona urbana.