Betanzos conclúe xunto a outro catro concellos un novo Obradoiro de emprego en atención á dependencia

1380

Betanzos, Abegondo, Carral, Coirós e Paderne entregaron onte os diplomas acreditativos aos participantes nun Obradoiro de emprego no que se formaron a 20 persoas desempregadas en atención sociosanitaria a persoas dependentes; e promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade.

A alcaldesa, María Barral, mostrou a súa satisfacción por poder ofrecer xunto ao resto de concellos e en colaboración coa Xunta este novo proxecto formativo coa que seguimos reforzando o traballo “iniciado hai uns anos por estes concellos de forma conxunta, actuacións que, dados os resultados obtidos en canto a inserción laboral, fan que sigamos traballando para organizas novos obradoiros nas próximas convocatorias”.

A alcaldesa de Betanzos María Barral e Ovidio Cordero Tato delegado territorial da Xunta de Galicia en A Coruña

O Obradoiro Dependencia. Alternativa de emprego, tivo unha duración de 9 meses con 20 alumnos e alumnas repartidas en dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas dependentes; e promoción e intervención socioeducativa con persoas con discapacidade. Tivo un orzamento de 288 807 euros.

Durante o nove meses de duración deste se impartiron clases teóricas e prácticas a maiores de formación en orientación laboral, empresarial, prevención de riscos laborais, alfabetización informática, sensibilización ambiental e igual de xénero.

Acto de clausura e entrega de diplomas no salón azul do Arquivo do Antigo Reino de Galicia