Betanzos convoca o seu certame de monólogos cómicos

141
Certame de monólogos cómicos do ano 2017

O Concello de Betanzos abriu a convocatoria da cuarta edición do seu certame de monólogos cómicos, que se celebrará o 14 de setembro no cinema Alfonsetti.

O gañador recibirá un premio de 500 euros, mentres que o segundo clasificado gañará 380. O público concederá ademais outro premio de 350 euros que poderá ser destinado tamén aos dous anteriores galardoados.

O Concello dará axudas para o desprazamento a todos os participantes e proporcionará aloxamento a quen proceda de localidades afastadas.