Obras da ampliación do edificio cunha zona cuberta de máis do dobre que a actual

O  Concello pedirá responsabilidades á empresa  adjudicaria das obras de construción do patio cuberto ante o  incumpliento dos prazos de execución. Así o anunciou o goberno local despois de comprobar como a situación xerada polas obras e o atraso afectaba directamente os alumnos ao acceder ao aulario. As choivas das últimas horas “encharcaron” a zona na que levan a cabo os traballos e pola que teñen que acceder ao edificio boa parte dos alumnos.

Desde primeira hora, o  Concello mantivo conversacións coa dirección do centro para buscar alternativas e evitar, na medida do posible, que os nenas e nenas do centro tivesen que atravesar esta zona para acceder ás instalacións.

En principio, acordouse coa dirección do Vales Villamarín que os alumnos entrasen a aulario por outras portas de acceso e non por máis  proxima ao patio cuberto na que se executan os traballos.

Trátase dunha zona que nun futuro será “zona verde”, complementaria ao patio cuberto e a área de xogos infantís. Como consecuencia dos traballos, o paso de maquinaria e que, polo de agora, non se realizaron os traballos de xardinería adecuados, o terreo non se atopa en boas condicións e non drenó o suficiente co que se acumulou unha importante cantidade de auga na superficie.

O feito fixo que o goberno local trasladase á empresa o seu malestar polos continuos atrasos e a súa intención de pedir responsabilidades, abrindo un expediente despois de incumprir de forma reiterada os prazos de execución das obras que terían que estar finalizadas para inicio deste curso escolar.

O  incumpliento de prazo establecido para o 26 de setembro fixo que o Concello xunto á dirección do colexio tivesen que delimitar as zonas de paso para garantir a seguridade asumindo que os traballos non estaban terminados porque, segundo a empresa, “durante o mes de agosto non recibira suministros necesarios para concluír as obras na zona do patio cuberto”. Pasado case un mes desde entón, os traballos a pesar de avanzar “aínda non concluíron” polo que o  Concello esixirá responsabilidades, máis tendo en conta “que a condición principal nos pregos de licitación do proxecto eran os prazos de execución das obras para empezar tan pronto terminase o curso escolar 2018-2019 e que estivesen finalizados ao comezo deste curso  escular, 2019-2020.

O concelleiro de Educación, Andrés Hermida, lembrou que se trata dunha obra “prioritaria para o  Concello e a comunidade escolar, e que o Concello executou con fondos propios ante a negativa da Xunta a facela cando é unha actuación da súa competencia. Por iso -insistiu- o  Concello non pode permitir máis atrasos despois de apostar  por un equipamento tan necesario como este e cando se puxeron todos os medios por parte do Concello para que o aulario contase cun patio cuberto”

O proxecto, que conta cun orzamento de 160.729 euros, recolle a ampliación do edificio cunha zona cuberta de máis do dobre que a actual,  que funcione como soportal e patio cuberto para os alumnos ata alcanzar os 370 metros cadrados, ademais dunha zona verde e un espazo de xogos infantís.