Betanzos organiza dous novos ciclos de “teatro e cinema de Nadal” dirixido aos máis pequenos e pequenas

904

O Concello levará a cabo esta fin de semana novas actividades de Nadal co ciclo “Cinema Familiar de Nadal”. Un ciclo que se desenvolverá ás 17.00 horas o próximo domingo. Trátase dun ciclo co que a Concellería de Cultura pretende dar unha alternativa máis de lecer aos máis pequenos e pequenas para que a gocen en familia” e asistan á proxección de filmes no Cinema Alfonsetti.

O ciclo incluirá proxeccións de Las crónicas de Narnia. A primeira foi oomingo 15, con El león, la bruja y el armario para continuar o día 22 con El príncipe Caspian. Continuará o domingo día 29 con La travesía del viajero del Alba. A entrada é gratuíta.

Cine familiar de Nadal. Programa  completo. VER

O ciclo forma parte dunha ampla oferta de actividades que o Concello e na que tamén haberá outro ciclo, o do programa “Teatro en familia” que chega xa á súa undécima edición. Realizarase os sábados 21 e 28 de decembro ás 18.00 horas na Aula de Cultura Xulio Cuns do edificio Liceo.

Representaranse “Os fabulosos Cleaners” da compañía Malasombra Producións o pasado día14, “Mai Mai”, da compañía Baobab Teatro o día 21, e “Ummm!!” da compañía Teatro Avento Producións, o día 28.

XI ciclo de teatro en familia. Programa completo. VER

O programa complétase cun importante número de actividades ata o día 6 de xaneiro.

XXXVII Programa de festexos de Nadal e Aninovo. VER

Campamento de Nadal

Por outra banda, o Concello, desde o Departamento de Igualdade, ofrecerá este ano un campamento de Nadal “Conciliando non Nadal”, dirixido a nenos e nenas de tres a doce anos de idade. Terá lugar no colexio Francisco Vales Villamarín, os días 26, 27, 30 e 31 de decembro e o 2 e 3 de xaneiro. As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas de Servizos Sociais ata o vindeiro venres, día 13. O custo da actividade é de 50 euros. VER Maís información