Betanzos celebrou unha nova edición do “Caneiros en familia” como anticipo das festas de agosto. Galería de imaxes.

2510
CANEIROS EN FAMILIA 04-XULLO-2018

O Concello celebrou os “ Caneiros en familia”, unha romaría organizada coa idea de promover os Caneiros tradicionais, para que os betanceiros gocen dun día especial, subindo ata o campo en embarcacións ou a pé e logo alí xantar, a beira do Mandeo, coas viandas que os propios romeiros leven. Unha celebración que, especialmente os mozos, non puideron gozar durante estes anos como se facía antigamente.

A concelleira de Participación Cidadá, Mónica Carneiro, explicou que, do mesmo xeito que o ano pasado, estableceronse viaxes desde o embarcadoiro da Tolerancia ata o campo dos Caneiros na embarcación municipal “Diana Cazadora”.

O Concello organiza de novo esta cita para difundir e inculcar “os valores e tradicións características desta romaría”. O obxectivo non é outro que seguir dando pasos de fronte a evitar que se desvirtúe a romaría, un propósito do conxunto de entidades do municipio e dos diferentes partidos políticos. Aínda que nestes últimos anos tomáronse unha serie de medidas para tentar evitar “actitudes” que nada teñen que ver coa “orixe dos Caneiros” e coas que “se produciu unha melloría”, a idea é seguir traballando nesta “mesma liña”, apuntou a concelleira.