Betanzos presenta unha curtametraxe que servirá para a promoción turística da cidade

1377
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentou a curtametraxe promocional de Betanzos xunto ao concelleiro de cultura Andrés Hermida e o equipo técnico formado por Mariña Pérez e Matías Losada de Marma -Creative Filme Studio-

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, presentou a curtametraxe promocional de Betanzos que proxectouse o pasado venres 3, no Cine Alfonsetti, nun acto aberto á veciñanza.

Trátase dun vídeo, cuxo anticipo xa se difundiu na pasada Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), no que “se amosan as perculiaridades de Betanzos a través dunha historia de dous peregrinos e un veciño de Betanzos. O centro histórico, as festas, o globo, a gastronomía, o comercio, os ríos, Os Caneiros, Betanzos, os seus recunchos e os betanceiros/as…. todo nun vídeo promocional que se difundirá a través das redes sociais oficiais do Concello e da web municipal www.betanzos.gal” segundo explicou a primeira edil.

 

 

A alcaldesa explicou que co vídeo preténdese facer unha promoción especial de Betanzos e os seus 800 anos do seu traslado desde Tiobre ao actual centro histórico. “A historia está aí, só hai que saber como mirala”. A arte gótica, o Pasatempo, o Museo das Mariñas, a arquitectura modernista, o CIEC, A Feira Franca ou a romaría aos Caneiros. Son elementos únicos que fan diferente a unha cidade como Betanzos, mais que cada quen a vive á súa maneira. E esta viaxe ao interior de Betanzos, “descóbrenos todos os valores dunha cidade que xestou sempre unha intensa relación co mundo da arte, especialmente da pintura, a fotografía, a música e o cine”.

Explicou que a pesar de que o elemento común sexa a cultura, resumir 800 anos  non é tarefa fácil polo que “se quixo facer unha pequena homenaxe a todos aqueles talentos da cidade que achegaron a súa visión persoal a través de arte como Veiga Roel, Selgas Goyanes, Antonio Purriños ou mesmo os Irmáns García Naveira, coa construción de tantos lugares emblemáticos.

Betanzos ése  un escenario natural onde cada plano ten movemento e vida por si mesma. E así, “ao natural” é como se rodou, nunha procura do auténtico, para captar toda a idiosincrasia do lugar. Na elaboración do vídeo, a cámara foi moi discreta en todo o proceso durante meses, mesmo cando estivo presente en eventos  como a Feira Franca, San Roque ou os Caneiros, tratando de conseguir tamén a naturalidade e frescura dos actores e actrices. A referencia do estilo estivo clara desde o principio da proposta e a inspiración foi evidente na historia das película francesa “Jules et Jim” de F. Truffaut.

María Barral agradeceu a toda veciñanza que participou no vídeo, así como aos diferentes establecementos que colaboraron neste, desde a Farmacia Couceiro, pasando polo Centro de Estampa Contemporánea, Café Lanzós,  ou a Confeitaría Rábade. Tamén tivo palabras de agradecemento á familia Pita xa que unha parte do vídeo está dedicado ao globo;  ao deseñador gráfico Luís Galán e aos establecementos de hostalaría que tamén colaboraron para promocionar a tortilla de Betanzos. O Museo das Mariñas, co seu director, Alfredo Erias, á fronte e o deseñador Jorge Vázquez, foron outras das persoas a quen a alcaldesa agradeceu de maneira especial a súa colaboración no traballo.

O vídeo percorre Betanzos ao longo de nove minutos. Os seus protagonistas son  “Catherine e Jules”,  unha parella de peregrinos estranxeiros que están a facer o Camiño Inglés e Xelo, un mozo betanceiro. Ela é unha nova fotógrafa, curiosa, que está tolamente namorada de Jules; quen só ten ollos para a arte e a historia. Ao seu paso por Betanzos, el queda prendado pola cidade e polo CIEC, e convence a Catherine de quedar uns días na cidade. Ela establece amizade con Xelo, un mozo oriúndo que lle ensina unha forma diferente de comprender a historia de Betanzos, o que terminará provocando un cambio no seu interior.

Canto á repartición, foi escollido a conciencia. Jules, é protagonizado en verdade por un estranxeiro que non coñecía a cidade, a Catherine deulle vida unha modelo e tamén coñecida surfeira ferrolá e, por último, o actor que fixo de oriúndo é realmente veciño de Betanzos e dedícase profesionalmente á interpretación. Un trío perfecto que conxeniou moi ben.

Para a realización do vídeo foi chave a implicación e colaboración de toda a veciñanza, comerciantes e hostaleiros de Betanzos que permitiron rodar nos seus establecementos. Así é como se puideron mostrar os pequenos tesouros que esconde a Farmacia Couceiro, uno os talleres que se imparten no CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea) xunto á colección de gravados de J. Núñez. A colaboración de Alfredo Erias foi chave para a documentación e gravación no Museo das Mariñas. E grazas ao apoio dos hostaleiros, os protagonistas degustaron a mellor versión da tortilla “estilo Betanzos” e tamén lle puideron meter o dente á famosa milfolla de Rábade. E, canto a programación musical, os concertos nocturnos do Café Lanzós. Ademais, como proceso único e tradicional, filmouse algunhas partes claves que dan forma ao Globo, como a pintura de varios das súas cuarteiróns por conta de Luís Galán. E como talento en Betanzos hai moito, tamén se fixo gala dos deseños do modisto Jorge Vázquez, que prestou un dos seus vestidos e complementos á actriz, para que vivise a noite do Globo da maneira máis especial.

O vídeo  gravouse durante diferentes meses do 2017 e do 2018. O filme foi producido por Marma -Creative Filme Studio-, formada por Mariña Pérez e Matías Losada; especialistas en elaborar contido de entretemento e cun obxectivo claro neste proxecto: atrapar aos e ás turistas que vexan o vídeo a coñecer Betanzos e enorgullecer aos betanceiros e betanceiras coa súa cidade.