O goberno local levará a Pleno, o próximo día 22, a proposta para a fixar os días festivos de 2020. A proposta pasará por volver fixar como festivo o martes de Entroido, que este ano se cambiou polo 13 de febreiro, celebración do 800 aniversario de Betanzos.
O segundo festivo será o 18 de agosto en lugar do día 16, de San Roque, que en 2020 será domingo. Por esta razón, o Concello proporá como festivo o 18, coincidindo coa celebración da xira aos Caneiros.