Betanzos realizou un novo Concerto da Ilusión coa incorporación na Banda Municipal de cinco novas músicas e músicos

86
A alcaldesa María Barral xunto aos concelleiros Andrés Hermida e Ana Veiga, o director da banda Juan Ferrer e os novos compoñentes da banda municipal

Betanzos celebrou o pasado domingo 25 de novembro un novo concerto da ilusión.

Trátase dunha das citas culturais máis importantes do ano, xa que a Banda Municipal recibe a novos integrantes, novos músicos e músicas que debutarán no concerto que tivo lugar na igrexa de Santa María. Unhas horas antes, a banda, no seu tradicional paseo pola cidade, recolleu, casa por casa, aos novos e novas integrantes.

O concelleiro de Cultura, Andrés Hermida, explicou que se trata “dunha dás citas máis agardadas polos nosos mozos, que está na axenda de todas as persoas que seguen a actividade cultural da cidade e volve pór en foco a Banda Municipal de Música de Betanzos. O Concerto da Ilusión cítanos, un ano máis, para compartir un soño, o dos e das debutantes que, sobre o mesmo escenario que os máis veteranos, experimentarán as emocións propias dunha estrea e converterán Santa María nesa fábrica de soños que anuncia o Nadal”.

O edil destacou a importancia que ten este acto para os mozos e mozas integrantes, o “bautismo” como músicos e músicas. Trátase de Katia Sofía Gómez Torres (clarinete); Ana Limón Fernández (tuba); Pablo Deive Fernández (trompeta); Matilda Silva Sánchez (percursión); Mario Taibo García (trompa).