Betanzos rende homenaxe aos seus deportistas na III Gala do Deporte. Galería de imaxes

2315
Betanzos celebrou a III Gala do Deporte na Aula de Cultura Xulio Cuns do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia

Betanzos celebrou a III Gala do Deporte coa que o Concello recoñeceu o traballo de deportistas, directivos, socios, empresas e entidades deste ano. O obxectivo da gala, presentada polo xornalista Terio Carreira e coa participación do humorista Marcos Pereiro, foi, por tanto, recoñecer o traballo, a traxectoria e os logros dos deportistas e das entidades deportivas betanceiras.

No seu discurso a alcaldesa, María Barral, destacou que a a gala é unha cita que “recoñece o esforzo e o mérito de persoas e institucións que levaron o nome de Betanzos ás máis altas cotas deportivas. Todas as persoas e institucións que hoxe foron premiadas levaron os valores do deporte ás súas cotas máis altas, e han de ser un exemplo para toda a sociedade. Cos seus logros, pero tamén coas súas actitudes, coa súa achega á sociedade, a súa forma de encarar a competición, e o seu fair-play, fan que Betanzos sexa máis coñecida polo que podemos ofrecer: a excelencia, a constancia e o traballo ben feito”.

Indicou que o goberno local “seguirá a traballar por promocionar o deporte de base, por fomentar ás axudas aos novos clubs, por seguir promovendo o deporte saudable para todas as idades, e, por suposto, para seguir mellorando os nosos equipamentos. Nun ano moi especial para nós ao celebrar o 800 aniversario do traslado de Betanzos a onde hoxe se asenta”.

Pola súa banda, o edil de Deportes, Andrés Hermida, destacou o labor que realizan as entidades ao longo do ano con actividades diversas para “promover o deporte en todas as súas modalidades e en todos os ámbitos nos que participan, a todos os niveis, local, autonómico, nacional e internacional”.

O Concello entregou o premio mellor deportista do ano a Mar Delgado González (MTBO e Raids)  e Francisco Javier López Costoya (Raids e orientación).

O de mellor deportista promesa do ano a Anahí Elena Schimdt Guevara (taekwondo) e a Izan Prego Pena (taekwondo).

A gala tamén destacou a Rubén Taboada García (taekwondo), Iván Fernández Freire (piragüismo), Carlos Arévalo López (piragüismo), José Miguel Pérez Balbuena (baloncesto), Neftalí Paraje Díaz (piragüismo), Kevin García Martínez (piragüismo), Rubén de Diego Rey (piragüismo),Begoña Veiga Rodríguez (taekwondo), Laura Pérez Porto (piragüismo), Tania Cortés Gil (taekwondo), Ana Llin Shin Veiga (taekwondo), Jessy Sun Shin Veiga (taekwondo), Eva Casado Núñez (MTBO), Irene Lata Cagiao (piragüismo), Carla Fernández Ramallo (piragüismo), Gema Alonso Rebollo (piragüismo), Arón Vázquez Martínez (taekwondo), Lucas Mahía Vázquez (taekwondo), Diego Fernández Pascual (taekwondo), Samuel Crespo Valiño (taekwondo), Jaime Tomé García (fútbol sala e fútbol 11).

Por equipos, ao Betanzos CF feminino de fútbol 11 e ao equipo infantil do Club O Pasatempo Betanzos de orientación a pé e MTBO, formado por Javier, Nicolás e Mario López González.

As Vellas Non Paramos foi nomeado entidade deportiva do ano e, en canto a entidades patrocinadoras, destacouse o traballo de, Talleres González, Remolques e caravanas Mallón, Talleres Cachaza, Excavaciones e desbroces GMG Paderne e Seguridad SPyC.

Houbo mencións especiais para Ángel López Fernández, Juan Francisco Mourón Doldán, Centro Pai Menni, Peña La Ribera, Francisco Freire Doval, Mercedes Casanova Díaz, Adrián Maceiras Maseda, Julián García Fernández, Jose Carlos Martín Rodríguez “Chipi”, David Manuel Mosquera Lendoiro “Petón”, o equipo Senior da liga EBA do Santo Domingo Baloncesto, Yago Fernández