Betanzos sumouse, á acción reivindicativa coñecida co nome de “A hora do planeta”.

889

Betanzos sumouse o 30 de marzo, ás 20:30 h da tarde, á acción reivindicativa coñecida co nome de “A hora do planeta”.

Esta iniciativa naceu fai máis dunha década en Sidney, Australia.

A idea básica é realizar, como xesto simbólico para “alzar” a voz contra o cambio climático, un apagamento nos principais edificios das capitais a nivel mundial.

Na cidade brigantina, un dos quince municipios galegos que se sumaron a esta acción ata agora, a praza de Galicia, a praza dos Irmáns García Naveira e o edificio Arquivo permaneceron totalmente ás escuras, uníndose así aos máis de 177 000 monumentos que en 188 países permanecerán na máis absoluta penumbra.

A iniciativa está promovida por WWF, unha das maiores organizacións internacionais en conservación e preservación da natureza. A súa principal aposta sempre foi a integridade ecolóxica dos ecosistemas e o desenvolvemento sustentable, social e ecolóxico, así como tamén impedir a proliferación da pegada ecolóxica.