Cafeteria Onze premio popular da semana do pincho de Betanzos

330
Pincho que recibiu o premio popular

ONZE cun petisco chamado “bomba Onze” composto por polbo, pataca, pemento, cebola, leite e pemento picante, resultou gañador do premio popular da Semana do Pincho tras o reconto efectuado dos votos presentados en cada un dos locais participantes.

As persoas que participaron na votación para  outorgar o premio popular entraron no sorteo de tres vales de compra por valor de 100 euros.