Campamentos deportivos de verán 2019

96
A Deputación da Coruña pon en marcha os Campamentos Deportivos de Verán 2018

A Deputación da Coruña pon en marcha os Campamentos Deportivos de Verán 2019, que se desenvolverán en varias quendas nas instalacións do Centro Calvo Sotelo, no Concello da Coruña. Ao Concello de Betanzos correspóndelle a segunda quenda, do 7 ao 12 de xullo, e na actividade poderán participar os/as nenos/as de entre 9 e 14 anos, ambas idades incluídas, cumpridos no presente ano 2019 e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o venres 31 de maio. As inscricións faranse no Departamento de Deportes, no segundo andar da Casa do Concello, praza da Constitución s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos, tendo preferencia aqueles que non participasen en anteriores Campamentos Deportivos de Verán da Deputación.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe estadía e manutención en residencia, transporte interno, monitores, actividades deportivas e culturais, veladas nocturnas, seguros e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Betanzos, Casa do Concello, segundo andar, Praza da Constitución s/n. Tlf 981 770 011, extensión 2105.