Campaña de inverno – Esquí 2019

152

A Deputación da Coruña pon en marcha a Campaña de Inverno-Esquí 2019, que se desenvolverá en varias quendas na Estación Invernal de Cabeza de Manzaneda en Ourense. Ao Concello de Betanzos correspóndelle a cuarta quenda, do 15 ao 18 de febreiro, e na actividade poderán participar os nenos e nenas de entre 11 e 15 anos cumpridos a 31 de decembro de 2019, (nados/as entre 2004 e 2008), e que consten empadroados/as no Concello de Betanzos.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o xoves 10 de xaneiro. As inscricións faranse nas oficinas xeráis do Edificio Liceo, Praza de Galicia s/n. As prazas son limitadas e adxudicaranse mediante sorteo público entre todos os nenos e nenas inscritos, tendo preferencia aqueles que non participasen en anteriores Campañas de Inverno-Esquí da Deputación da Coruña.

A cota de inscrición é de 85 euros e inclúe transporte, estadía e manutención, monitores, clases e material de esquí, forfait para os remontes, seguros e actividades varias.