CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de novembro

1036

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos, terán lugar as seguintes actividades formativas:

O día 5 de novembro desenvólvese o obradoiro “A nube de internet. Qué é e para qué me serve”. Emitido por videoconferencia. Con esta actividade terá a posibilidade de aprender qué é a nube, gardar información na nube, configurar as copias de seguridade, etc… Dirixido á poboación en xeral. Levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 6 de novembro realízase a charla “Paga co teu teléfono intelixente”. Emitido por videoconferencia. Dirixido á poboación en xeral. Con este curso terá a oportunidade de aprender o sistema de pagamento co móbil, precaución e seguridade nos pagamentos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 17:00 h a 18:30 h.

O día 28 de novembro realízase “Exame de teleformación CÓDIX”. Dirixido á poboación en xeral que previamente estivese matriculada no curso de teleformación. Con este curso terá a oportunidade de adquirir a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática. Esta actividade levarase a cabo en horario de 16:00 h a 18:00 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.