CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de agosto

710

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos, terán lugar as seguintes actividades formativas:

Os días 5, 6,7, 8 e 9 de agosto desenvólvese o curso de “Iniciación a informática para nenas e nenos”. Dirixido á poboación menor de 10 anos con inquietudes no referente á informática. Con este curso terá a oportunidade de aprende a acender e apagar o ordenador, escribir un documento, gardar documentos. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:00 h.

Os días 5, 6, 7, 8 e 9 de agosto desenvólvese o curso de “Iniciación a Internet para nenas e nenos”.Dirixido á poboación de oito anos en adiante con inquietudes no referente á informática. Con este curso terá a oportunidade de aprender a realizar buscas en internet. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:30 h a 12:30 h.

Os días 26, 27, 28, 29 e 30 de agosto desenvólvese o obradoiro de Procesador de Textos nivel medio”. Dirixido á poboación maior de idade con inquietudes que posúa unha base no procesador de textos. Con este curso terá a oportunidade de aprender o uso de táboas, editar imaxes,etc. Esta actividade levarase a cabo en horario de 10:00 h a 11:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.