Comeza un ano máis a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde”

483

Comezamos un ano máis a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar Máis que un teito” do curso 2019-2020

Esta actividade que se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos é gratuíta e está aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento, xa que nas distintas reunións trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros.

A periodicidade será dunha xuntanza mensual de outubro de 2020 a xuño de 2020

Comezaremos o martes 29 de outubro de 2019 en horario de 20:00 h a 21:00 h, no salón azul do edifico Liceo

As inscricións entregaranse no edificio de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 h a 14:00 h. Tamén se pode enviar a inscrición ao fax 981 770 681 ou ao enderezo electrónico [email protected] e a data límite é o venres 25 de outubro de 2019.

Para descargar o formulario de inscrición prema aquí

Para inscricións on line prema aquí