Concello e Abanca asinan un convenio para vivendas no Casco Histórico

275
O convenio foi asinado polo primeiro edil e o director de zona de Abanca en Betanzos/Eume, José Ulfe Bugallo. 

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, con Abanca un convenio polo cal a entidade financeira ofrecerá produtos financeiros con condicións melloradas e especificamente adaptadas á necesidade das persoas interesadas na adquisición ou rehabilitación dunha vivenda no centro histórico ou na zona pola que transcorre o Camiño Inglés ao longo do Concello. A iniciativa, denominada Rehabilita Betanzos, inclúe varias modalidades de hipotecas, préstamos persoais para reformas e anticipos de subvencións en condicións vantaxosas.  Con este acordo, o banco dota á veciñanza dun plan de financiamento específico. O convenio foi asinado polo primeiro edil e o director de zona de Abanca en Betanzos/Eume, José Ulfe Bugallo.

Establécense préstamos fixos ou variables, a baixo tipo de interese con amplos prazos de amortización de ata 30 anos, ademais da posibilidade de introducir carencias; préstamos persoais de ata 60 000 euros pensada para o financiamento de obras de reforma de vivenda habitual, para melloras en fachadas, cubertas e estruturas ou substitución de servizos de calefacción, electricidade ou fontanaría.

Outro dos aspectos introducidos no convenio é que Abanca facilitará desde este momento a través dun plano anticipo de subvencións públicas concedidas a propietarios/as e rehabilitadores/as particulares de vivendas nas zonas a través dun préstamo sen xuros.

O alcalde destacou que este acordo se une a outras actuacións que se están desenvolvendo no centro histórico para as que os responsables da Oficina de Rehabilitación situada na Casa Consistorial están a ofrecer información: axudas para vivendas situadas no Camiño Inglés; programa de adquisición de vivendas; axudas para rehabilitación, etc.

O alcalde destacou que este acordo se une a outras actuacións que se están desenvolvendo no centro histórico

García Vázquez amosou a súa satisfacción polo anuncio da licitación  da rehabilitación de cinco inmobles no centro histórico por parte da Consellería de Vivenda. Trátase de cinco das 11 vivendas adquiridas pola Xunta nesta zona da cidade para rehabilitar: Cerca 45, 47 e 49, rúa Nova 75 e rúa da Torre 17. O rexedor agradeceu que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda pública atendese as peticións efectuadas polo Consistorio tanto no referente a acelerar a recuperación das vivendas que tiña adquiridas como na compra de novos inmobles. García Vázquez explicou que se trata de actuacións que poden incentivar que particulares que ata agora “non se decidiron a executar obras de rehabilitación de inmobles nesta zona do centro histórico o fagan agora”.

A maiores desta cinco vivendas, a Xunta está a executar actualmente as obras para recuperar tres inmobles máis. Restarían outros tres que o primeiro edil espera que a Xunta tamén acometa a súa licitación en breve “para completar as once vivendas que adquirira hai uns anos”.