Concello e Deputación firman un convenio para dotar de medios audiovisuais o Alfonsetti

418

O alcalde de Betanzos, Ramón García Vázquez, e a vicepresidenta, Goretti Sanmartín,  asinaron un convenio que permitirá dotar o Cine Alfonsetti de  equipamento audiovisual. A Deputación colaborará co Concello na instalación da nova pantalla e sistemas de reprodución e son para potenciar o uso desta sala de cinema que está considerada a máis antiga de Galicia.

Co obxectivo de equipar de sistema de audio e vídeo ao Cine Alfonsetti, a Deputación achega un total de 31.737. O resto, ata chegar aos 39.671 euros, será aportado polo Concello.

O alcalde lembrou que foi na visita institucional de Goretti Sanmartín o pasado 11 de agosto cando transmitiu a necesidade da dotar á sala dun sistema audiovisual permanente polo que agradeceu “o seu interese persoal por avanzar neste convenio que necesitabamos imperiosamente para non ter que recorrer a unha instalación provisional”.

García Vázquez destacou que o cine contará con medios audiovisuais modernos e a partir de ahí estudiaráse qué “tipo de actividades ou programación vamos ofrecer”.

Con esta actuación o Alfonsetti volverá ser, según a Vicepresidenta, un espazo de referencia de programación cultural tanto en Betanzos como na comarca. Destacou que Betanzos merece ter equipamentos que cubran as condicións para unha boa programación cultural.

Un espazo con historia
A instalación do sistema de audio e vídeo modernizará e incrementará as posibilidades de uso do Centro Cultural “Santo Domingo”, no que se sitúa o sala de cine, xunto co Museo das Mariñas, e o Arquivo e Biblioteca municipal.

A Deputación da Coruña financiou tamén en 2009 a rehabilitación do edificio nunha actuación que se executou co obxectivo de conservar as súas características arquitectónicas e habilitar un espazo para a realización de eventos no centro do núcleo urbano.

Coa instalación do equipamento audiovisual propio subsanarase unha das principais carencias do Cine Alfonsetti que deixará de ter que instalalo para cada evento que acolla como acontecía até agora coa dificultade e incremento de orzamento da programación.

O proxecto financiado pola Deputación da Coruña dotará á dun reprodutor, proxector e pantalla adaptados ás necesidades do espazo. A nova pantalla de proxección será eléctrica e terá unhas dimensións de 700 x 400 centímetros, e complementarase cun equipo de son composto por dez altofalantes, un altofalante autoamplificado de dúas vías e un preamplificador. Todo este sistema centralizarase na sala de control do cine, para poder xestionarse desde este espazo as proxeccións. O proxecto inclúe tamén a formación necesaria para o persoal técnico e de mantemento, que se encargará do funcionamento e a conservación do novo equipamento.