Conservatorio municipal de música “Carlos López García – Picos de Betanzos

110

Probas de acceso a 1.º curso do grao elemental.

Todos aqueles nenos e nenas que queiran comezar os seus estudos musicais de carácter oficial no Conservatorio Municipal “Carlos López García-Picos” de Betanzos deberán presentarse a una proba de acceso a o 1.º curso do grao elemental.

Esta proba terá lugar no Conservatorio Municipal o luns día 18 de xuño ás 19:00 h da tarde. Para presentarse á proba, os aspirantes deberán cubrir un impreso de solicitude que lles facilitarán na conserxaría do centro ou ben nas Oficinas Xerais do Concello (praza de Galicia – planta baixa – edificio Liceo). As solicitudes cubertas entregaranse nestas oficinas, non no Conservatorio.

O prazo de entrega das solicitudes está aberto desde o luns día 28 de maio ata o venres día 15 de xuño.

Matrícula curso 2018/2019

O alumnado que non ten materias pendentes para a convocatoria de setembro, así como aquel que superou a proba de acceso ao 1.º curso, pode formalizar a matrícula para o curso 2018/2019 nas Oficinas Xerais do Concello de Betanzos (praza de Galicia, Liceo) entre o luns 25 de xuño e o venres 13 de xullo de 2018.

Convocatoria de setembro

Os exames da convocatoria de setembro serán na semana do 3 ao 7 de setembro.

O alumnado que asista a esta convocatoria formalizará a matrícula entre o luns 10 e o venres 21 de setembro.

Conservatorio Municipal de Música “Carlos López García-Picos”

Teléfono: 981 773 696 – Fax : 981 775 343

Enderezo electrónico: [email protected]