Convocatoria de probas para a obtención do certificados de lingua galega 2 e 4

230

O Diario Oficial de Galicia publicou o 10 de setembro de 2019, a Resolución do 20 de marzo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega 2 e 4 no ano 2019.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e Ponferrada na segunda quincena do mesde novembro de 2019 e as datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia, cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

O prazo de presentación de solicitudes está ata o vindeiro 1 de outubro de 2019. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo que se publica como anexo I da resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galega (https://sede.xunta.gal) e opcionalmente poderán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común, como é o caso do Rexistro Xeral do Concello de Betanzos.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo, no teléfono 981 770 011 (extensión 2224) ou no enderezo electrónico [email protected]