Convocatoria de probas para a obtención dos certificados de lingua galega 1, 2, 3 e 4

1225

Betanzos, 15 de marzo de 2018. O Diario Oficial de Galicia publicou o martes 13 de marzo de 2017, a Resolución do 6 de marzo da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018.

As probas realizaranse o 26 de maio (Celga 4), o 27 de maio (Celga 2), o 2 de xuño (Celga 3) e o 3 de xuño (Celga 1) en Santiago de Compostela e Ponferrada. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria.

As persoas interesadas poden solicitar máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado nas Oficinas Xerais do edificio Liceo de luns a venres de 09:00 h a 14:00 h, no teléfono 981 770 011 (extensión 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].