Cursos para a preparación do Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2019

1551

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar no Diario Oficial de Galicia n.º 35, do 19 de febreiro de 2019, unha convocatoria de cursos preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, tanto na modalidade presencial como de teleformación

O prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria, é dicir, desde o 20 de febreiro de 2019. As solicitudes para os cursos presenciais realizaranse preferiblemente por vía electrónica, no caso dos cursos de teleformación farase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Estes cursos de preparación para a obtención dos distintos niveis dos certificados de lingua galega son gratuítos.

A convocatoria completa e a información dos cursos ofertados podes consultala premendo aquí.

As persoas interesadas poden solicitar máis información sobre os cursos preparatorios do Celga no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 011 (ext. 2224) ou no enderezo electrónico [email protected].