Entrega de premios da Semana da Tortilla e Pincho 2018

132
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, xunto á concelleira de Comercio, Mónica Carneiro, e os responsables dos establecementos hostaleiros que gañaron os concursos.

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, xunto á concelleira de Comercio, Mónica Carneiro, entregoulle os premios aos responsables dos establecementos hostaleiros que gañaron os concursos na Semana da Tortilla e na Semana do Pincho.

Nos premios da tortilla o gañador do xurado profesional foi a Pizzería Sinuessa mentres que na votación popular o premio recaeu en Taberna 1931.

Na Semana do Pincho, o xurado escolleu a Taberna 1931 co mellor petisco mentres que no popular foi compartido para Cho e Artesa da Moza Crecha.