Entrega dos premios bienal Balconadas 2018

1381
A alcaldesa María Barral xunto a membros da corporación municipal e os premiados

Tania Ansio Martínez, de Valencia, recibiu o premio de 5000 euros como gañadora do certame de Balconadas 2018

A alcaldesa, María Barral, entregou a Tania Ansio Martínez, San Antonio de Benagéber (Valencia), o primeiro premio do certame de Balconadas coa súa obra “Espazos Múltiples”, unha obra na que predominan as figuras circulares coloristas e que foi destacada polo xurado pola súa orixinalidade e a calidade técnica.

A alcaldesa, María Barral, entregou a Tania Ansio Martínez,, o primeiro premio do certame de Balconadas

A obra está exposta en Porta dá Vila co número 107. No mesmo acto, previo ao comezo das festas, a entregaronse tamén os premios aos dous accésits que recaeron en Lucía López Sánchez, da Coruña coa obra “ Progenie” que leva o número 90 e Raúl Gil, de New Xersei, EE. UU coa balconada número 103 baixo o título “ The skater”.

A concelleira Ana Veiga Pita entregou un dos dous accesits a Lucía López Sánchez

O xurado tamén quixo destacar outras tres obras que quedaron finalistas pola súa calidade, as de Miguel Alonso Melero, de Culleredo co número 28; María Maqueira Vales-Villamarín , de Betanzos, co número 51 e Juta Cono, de Tokio, co número 82

A calidade dos traballos presentados na edición deste ano fixo tamén que o Xurado fixese tres “menciones de honra” a José María de Castro, de Pas de Rey, co número 29; Job Sánchez Julián de Xixón, co número 30 e Juan José López Martínez, de Chantada, en Lugo, co número 84.

O concelleiro José A. Rodríguez Prieto, entregou a José Sánchez Julián, unha das mencións de honra
A alcaldesa, María Barral, entregou a José María de Castro, unha das mencións de honra

 

As obras permaneceran expostas nos balcóns do centro histórico ata final deste mes convertendo as súas rúas nun auténtico museo ao aire libre. Na edicion deste ano expuxéronse 122 obras.

O xurado deste ano estivo composto por distintas personalidades do mundo da arte como María Isabel Pintado, como presidenta e directora da Bienal; Daniel Louza, como secretario; e María Xesús Díaz, pintora; Alfonso Costa Beiro, pintor; Pilar Pérez Subías, escultora; Manuel Silvestre Visa, artista plástico e Xulio García Rivas, pintor.

O xurado valorou a adecuación da obra á súa contorna expositiva pola súa técnica, temática e orixinalidade, un “exercicio complexo dada a calidade e o nivel dos traballos que se presentaron”. dotado con 5000€, e dous accésits dotados cada un deles con 1500€.

As obras, no seu maior parte, proceden das catro provincias galegas, aínda que tamén hai presenza de moitas comunidades autónomas de España: Pais Vasco, Cataluña, Madrid, Asturias, Andalucía, Canarias, Valencia, Castela León, e Estremadura. Fóra de España, chegaron “balconadas” desde Suecia, Holanda, Arxentina, Xapón, Uruguai, Italia, Francia e Estados Unidos.

Cada artista presentou unha soa obra para a súa selección con técnica e temática libre, sen enmarcar, sen bastidores, barras, etc. As obras son verticais ou horizontais, cunhas medidas mínimas de 120×160 cm. e máximas de 150×250 cm.