
eventos Search and Views Navigation
Todo o día
Exposición colectiva titulada “Intercambio Alfara-Fundación CIEC, 12 artístas gráficos”
De martes a sábado en horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h.
Máis información »Exposición bibliográfica dedicada a Rosalía de Castro
Dentro da programación do Día de Rosalía de Castro, no horario habitual da biblioteca, de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h. Organiza o Concello de Betanzos.
Máis información »Exposición “Versos rosalianos na rúa”
Do 1 ao 28, nos balcóns dos principais edificios municipais terá lugar a exposición "Versos rosalianos na rúa" dentro da programación do Día de Rosalía de Castro. Organiza o Concello de Betanzos.
Máis información »Exposición titulada “XII Premio de Banda Deseñada Castelao”
Do 1 ao 26, na Sala de Exposicións Jesús Núñez do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia desenvolverase a exposición titulada “XII Premio de Banda Deseñada Castelao”, dentro do Programa de Exposicións Itinerantes da Deputación da Coruña en horario de 10:00 h a 14:00 h e 18:00 h a 21:00 h os días laborables […]
Máis información »11:00 a.m.
Visita guiada “Modernismo: a obra de Rafael González Villar”
Con punto de reunión para a saída na propia Oficina de Turismo, organizada pola Oficina de Turismo de Betanzos. Para máis información e inscricións na propia Oficina situada na praza de Galicia 1, no teléfono 981 776 666 e no enderezo electrónico [email protected] É necesario inscribirse previamente e un mínimo de 10 solicitudes para desenvolver […]
Máis información »8:00 p.m.
Representación da obra para maiores de 12 anos “Insania”
Interpretada pola Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) dentro do X Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos coorganizado pola Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos. Entrada de balde ata completar a capacidade.
Máis información »