Exposición de pintura titulada “Miradas do imperio: retratos de emperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III”

271
A sala de exposicións Jesús Núñez do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia ten desde o pasado día 12 de marzo uns convidados moi especiais.
Trátase dos retratos dos emperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III.
O pasado 16 de marzo foi a inauguración oficial ás 19:00 horas da tarde, e poderedes visitar esta exposición, de título ‘Miradas do imperio:retratos de emperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III’, do autor Alfredo Erias, ata o vindeiro día 30 de marzo.
Esta actividade atópase dentro dos actos para celebrar o L Aniversario da Coral Polifónica de Betanzos.
A alcaldesa de Betanzos María Barral, as concelleiras Mónica Carneiro e Ana Belén Veiga xunto a Alfredo Erias no acto de inauguración.