Fotografías do alumnado do Instituto Francisco Aguiar formarán parte da mostra “A muller en Betanzos dous seculos”

1650

O alumnado do Instituto Francisco Aguiar participou no concurso fotográfico “O papel das mulleres betanceiras hoxe” con 21 fotografías, reflexo de diferentes roles da muller na sociedade actual, organizado pola Concellaría de Servizos Sociais

As fotografías abordaban temáticas como a reivindicación feminista, traballadoras en sectores masculinizados, a conciliación ou a dobre xornada que padecen moitas mulleres; a laboral e a doméstica.

O xurado seleccionou tres primeiros premios baseándose nos criterios técnicos, de orixinalidade e de adecuación a temática do concurso. Ademais, outorgáronse dúas mencións especiais e seleccionáronse as fotografías que formarán parte dunha  exposición que se inaugurará no Liceo o próximo 24 de abril baixo o título “A muller en Betanzos, dous séculos” na que se representará a evolución do papel da muller a través de imaxes tanto actuais, seleccionadas mediante este concurso, como antigas do arquivo municipal.

A entrega de premios terá lugar o 25 de abril ás 19:00 h na Sala de exposicións do Liceo

Relación de premiadas:

1º premio: Sofía Covadonga Burguet Carro. 3º ESO IES Francisco Aguiar.

2º premio: Marta Núñez Fernández. 3º ESO IES Francisco Aguiar.

 3º premio: Paula Quintián Sánchez. 3º ESO IES Francisco Aguiar.

Mencións Especiais:

Omar Dans Castro. 3º ESO IES Francisco Aguiar.

 

Mateo Río Pérez. 3º ESO IES Francisco Aguiar.