Goize Blanco acaparou todos os premios do IV Certame de Monólogos Cómicos de Betanzos

1030
O certame celebrouse no Cine Alfonsetti

Goize Blanco acaparou todos os premios do IV Certame de Monólogos Cómicos de Betanzos  tanto o do xurado  coma o do público. A humorista e actriz proclamouse como a gran gañadora da velada, o que lle supuxo un premio de 850 euros (500 euros pola valoración do xurado e 350 pola do público asistente á gala).

Branco coroouse vencedora do Certame nun Cinema Alfonsetti ateigado no que non quedou nin unha soa butaca libre. Todo un éxito de asistencia que confirma que a veciñanza do municipio teñen un interese que medra neste xénero. A alcaldesa de Betanzos, María Barral explicou que esta edición demostrou que este certame consolídase como “unha proposta atractiva para os cómicos de diversos puntos de Galicia e da península”. En anteriores edicións contouse con participantes da provincia da Coruña e Pontevedra e das comunidades autónomas de Castela León e Madrid, máis neste 2018 a organización conseguiu traspasar fronteiras, xa que, ademais de concursantes da comarca como Lali Fraga, concretamente de Sada, houbo un representante de Pontevedra, Fernando Iglesias, e por primeira vez as provincias do interior galego contaron cunha concursante, Tamara Barja, de Ourense.

Houbo concursantes de Madrid, como a propia Goize Blanco, e ou certame achegouse ata o leste e sur da península coa participación de concursantes chegados de Valencia, Luisma García, ou Cádiz representado por Juan Antonio Benitez. O espectáculo comezou coa presentación de dúas caras coñecidas e vinculadas tamén ao mundo do monólogo e a Betanzos: Gemma Pardo e Javier Varela. Ademais, houbo música en directo co grupo Fillos do Estramonio e a animación do dj betanceiro, Dj Sebas. O concelleiro de Xuventude agradeceu a colaboración de distintas empresas no certame e que fixeron posible, por unha banda, que os participantes puidesen contar con aloxamento gratuíto e axudas nos seus desprazamentos; e por outro, que esa colaboración servise tamén para premiar a fidelidade do público que, ademais do acceso gratuíto, participou no sorteo dunha cea para dúas persoas; unha cesta de produtos gourmets naturais e dous vales de compra por importe de 50 euros cada un.