Listas de admitidos e admitidas no Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos

238

Finalizado o proceso de inscrición, foron publicadas as listas de admitidos e admitidas no Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos que se desenvolverán nos meses de Outubro e Novembro en Betanzos.

Poden vostedes consultar os listados no espazo web, premendo a seguinte ligazón:

Lista de Admitidos e admitidas no Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Betanzos – 2018 así como nos espazos habilitados ao efecto polo Concello de Betanzos.

O vindeiro mércores, 17 de outubro, ás 16:30 horas terá lugar o acto de inauguración do Programa, para comezar as súas sesións formativas ás 17 horas dese mesmo día.

Lembren que tanto a inauguración como as sesións formativas serán desenvolvidas no Salón Azul do Edificio Liceo (Praza de Galicia, 1 – Betanzos, A Coruña).