María Buján Carreira, da asociación As Minas, recibiu o Premio Úrsula Meléndez de Texeda en recoñecemento á súa traxectoria polo movemento asociativo

1329
A alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregando o premio Ursula Meléndez de Texeda a María Buján Carreira

Betanzos, 20 de marzo de 2019. A alcaldesa de Betanzos, María Barral, entregou o pasado domingo 21 de abril, a María Buján Carreira, da asociación de veciños das Minas, o premio Úrsula Meléndez de Texeda co que o Concello pretende cada ano facer un recoñecemento á traxectoria dunha muller betanceira residente no municipio dentro dos actos de conmemoración “Día Internacional dá Muller”. O acto tivo lugar ás 12.00 h no Salón azul do edificio Liceo.

Neste caso, a diferenza de anos anteriores, o premio pretende recoñecer a traxectoria desta muller dentro do asociacionismo betanceiro e, máis concretamente, en Tiobre. O traballo incansable de María Buján para dinamizar o centro social As Minas, “por crear grupo, por fomentar actividades para todas as idades” durante anos fanlle merecedora deste recoñecemento.

María Buján Carreira Premio Úrsula Meléndez de Texeda 2019

María Barral explicou que por razóns persoais da homenaxeada, o acto non puido celebrarse coincidindo co Día Internacional da Muller. O domingo 21 de abril foi o día no que Betanzos celebrou este día co seu principal acto, o de entrega do premio Úrsula Meléndez de Texeda. A través deste día, Betanzos “pretende lembrar o sacrificio de todas aquelas mulleres que ao longo do último século loitaron pola igualdade, mulleres que durante anos foron vítimas silentes da cultura machista, ou aquelas que con suor, bágoas e sangue, pagaron un alto prezo para conseguir un mínimo nivel de independencia, igualdade e liberdade no mundo. Mañá  lembraremos, unha vez máis, algo que nunca se nos debe esquecer: que as mulleres son iguais aos homes en dereitos e liberdades”.

Para la alcaldesa, o “Día Internacional da Muller debe servir para lembrar a importancia dos logros conseguidos mais tamén do que queda por facer. Por iso, considero que é fundamental que, como mínimo, unha vez ao ano, teñamos actos como este, de entrega do Premio Úrsula Meléndez de Texeda, que nos leve á reflexión e nos sirva para render unha máis que merecida homenaxe ás mulleres deste Concello que en épocas difíciles loitaron para reivindicar o seu papel, os seus dereitos, a base de esforzo, traballo e sacrificio, destacando, ademais,  a súa traxectoria de traballo polos demais”.