Mil palabras polo galego volve aos balcos municipais

1142
Exposición mil palabras polo galego no balcón da casa do Concello

Para celebrar o Día das Letras Galegas, 17 de maio, e ata finais deste mes de maio a exposición “Mil palabras polo galego” do alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín volve aos balcóns municipais do Cine Alfonsetti e a Casa do Concello. Esta exposición realízase por segundo ano consecutivo en colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística do centro educativo. Ademais, o Concello programou diversas exposicións que lembran a vida e obra de María Victoria Moreno e que se poderán visitar no edificio Liceo en horario de 10:00 h a 13:00 h e de 18:00 h a 20:30 h os días laborables e de 11:00 h a 14:00 h os sábados, e na Biblioteca Municipal Castelao de luns a venres de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 21:00 h e os sábados de 10:30 h a 13:00 h.