Nova zona de ocio na rúa Cruz Verde para lembrar as vivendas xudías e antigas profesións coma a recolleita de lúpulo

1230

A falta de pequenos detalles, o Concello rematou as obras de construción da área de ocio da rúa Cruz Verde, nas confluencias entre Doutor Fleming e Xudeus. Os traballos consistiron na creación dun espazo de estancia no que se instalaron pérgolas, cubertas e acompañadas en parte  por plantas trepadoras, para obter uns espazos cubertos que abriguen ás persoas posibles usuarias.

As pérgolas conformarán un perímetro que lembrará o espazo construído que sempre foi, pero agora aberto á cidadanía, xa que este espazo, propiedade privada no seu momento, foi recuperado hai uns anos como público polo goberno local.

Na rúa dos Xudeus, a materialización desta pérgola intenta representar, en esencia, unha vivenda dos xudeus, con tres piares que semellan os tres corpos nos que se adoitan dividir as construcións deste tipo, e, aproveitando o desnivel do espazo, acadar unha altura semellante.

Tamén dende esta rúa se enlaza cunha escaleira que continua con unha varanda deica os banzos de madeira a modo de balcón, similar aos existentes nas casas agrícolas orixinais de Betanzos.  Ao mesmo tempo, estes elementos construídos axudan a deixar nun segundo plano as edificacións recentes.

Coa mesma intención este efecto acentúase coa iluminación, xa que cada pérgola levará incorporada unha liña de luminarias tipo “leds” que inciden sobre o espazo público.

Colocarónse tamén no mesmo ámbito 11 paus dereitos de madeira, que tamén intentan lembrar aos paus que se dispoñían nas fincas do entorno agrícola da cidade para o cultivo do lúpulo.

Colocáronse tamén no mesmo ámbito 11 paus dereitos de madeira, en honra ao século XI, xa que a data de 1219 é das mais representativas para a cidade de Betanzos, que tamén intentan lembrar aos paus que se dispoñían nas fincas do contorno agrícola da cidade para o cultivo do lúpulo (no ano 1913 foi aquí onde se plantou por primeira volta na granxa agrícola, para o uso cervexeiro), nunha “chiscadela” a unha actividade moi vinculada á cidade e cuxos campos e terreos de cultivo serven de fondo ás vistas que hai dende a área.

O acabado destes paus, polos que treparán plantas, foi  feito, no relativo á pintura, polo alumnado do Instituto Francisco Aguiar. Mantívose unha árbore existente e aproveitouse para plantar dúas máis do mesmo tipo.

Tamén se eliminaron os cables aéreos que bordeaban e cruzaban o espazo así coma o poste onde confluía e de onde partían para as distintas rúas e edificios nunha maraña complexa, procedendo ao seu traslado, o que supuxo o soterrado das liñas pola beirarrúa existente.